sábado, 1 de febreiro de 2025
luns, 27 de xaneiro de 2025
Animación a la lectura
domingo, 22 de setembro de 2024
Club Lectura Adultos
Anímate a formar parte do noso Club de Lectura para Adultos!
Se che gusta a lectura, se queres descubrir novos títulos, compartir opinións e debater sobre temas interesantes nun ambiente acolledor e relaxado, este é o lugar ideal para ti. Non importa se les moito ou pouco, se prefires novela, ensaio ou poesía. O que realmente conta é que veñas con ganas de gozar dun bo libro e dunha boa conversa.
As reunións celebraranse normalmente na biblioteca do centro, pero, de cando en vez, faremos unha excepción para atoparnos nun ambiente diferente: diante dun café, té e un aperitivo. Porque non hai nada mellor que combinar a lectura cun bo momento de relaxación e compañía. Ademais, é unha excelente oportunidade para que os pais e nais se integren máis na vida escolar e compartan momentos cos demais membros da comunidade educativa.
Non o penses máis! Anímate a vivir novas aventuras a través das páxinas dos libros. As prazas son limitadas, así que non tardes en anotarte.
Podes facelo a través do seguinte formulario.
https://forms.gle/M5rFD2nEfVrmnfno8
**Esperámoste na biblioteca... ou diante dun bo café!**
luns, 16 de outubro de 2023
Día das Escritoras 2023
Celebramos o VIII edición do Día das escritoras lendo, como non podía ser douta forma, escritoras galegas como Ledicia Costas, Antía Yáñez, Andre Maceiras, Paula Carballeira, ...
FELIZ DÍA A TODAS
venres, 17 de marzo de 2023
martes, 14 de marzo de 2023
xoves, 23 de febreiro de 2023
Día de Rosalía de Castro
Este ano, xunto coa Fundación Rosalía de Castro, degustamos o Caldo del Gloria" que nos prepararon na nosa cociña.
Completamos a actividade con música dos poemas de Rosalía.
Desde a emisora de radio "Vives na Onda" achégannos o seguinte audio.
Unha data para a lembranza.
luns, 24 de outubro de 2022
Día das Bibliotecas Escolares
Celebramos este día con recomendacións lectoras que chegarán a todas as casas da cidade a través da canle local Teleminho.
Grazas a Alba, Daniella, Emma, Lucía e Uxía polas súas propostas.
martes, 17 de maio de 2022
Letras Galegas
O alumanado elaborou caricaturas de difernetes persoeiros aos que se adicou o Día das Letras Galegas nalgunha ocasión.
Máis información en https://luisvivesourense.com/actividad/dia-das-letras-galegas/
luns, 9 de maio de 2022
Knolling
No Mes das Letras levouse a cabo esta actividade na que participaron todas a clases.
Consisitía en decorar a porta da aula coa portada do libro escollido e despois, aplicando a ténica knolling, recopilar unha serie de elementos representativos do libro e fotografalos.
Este foi o resultado.
sábado, 23 de abril de 2022
Día do Libro
O Libro, ese marabilloso elemento que abre mentes, que nos transporta a outras realidades, ese elemento que nos debe acompañar sempre.
Con esta importancia debe ter o seu momento. Nós adicámoslle ese tempo.
Feliz Día do Libro!!
venres, 25 de marzo de 2022
Día da poesía
O alumando de sexto de Primaria e o alumnado de quinto de Infantil compartiron a lectura de poesías e os máis pequenos corresponderon con debuxos.
luns, 14 de febreiro de 2022
Visita de Andrea Maceiras
Como cada curso, dentro das actividades "Encontros co autor", hoxe visitounos Andrea Maceiras. Conversamos con ela sobre o libro "A folla azul".


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

