Aquí unha guía do funcionamento da biblioteca
luns, 26 de outubro de 2026
Benvidos a A Luviteca
Un novo curso un novo comezo. Esta vez con moitos cambios. Aquí tedes un vídeo de presentación:
Para os máis peques:
Para os máis maiores:
luns, 29 de setembro de 2025
Club de lectura 25/26
venres, 11 de abril de 2025
xoves, 6 de marzo de 2025
domingo, 23 de febreiro de 2025
Día de Rosalía de Castro
Conmemoramos este día dunha maneira moi interdisciplinar. Desde as aulas en diferentes materias ata o comedor degustando Caldo de Gloria.
Destacamos as actividades realizadas na radio e no BiblioLab.
xoves, 20 de febreiro de 2025
sábado, 1 de febreiro de 2025
luns, 27 de xaneiro de 2025
Animación a la lectura
xoves, 24 de outubro de 2024
Día Bibliotecas Escolares 2024
Unha data especial para a comunidade escolar xa que botan a andar todas as actividades previstas para este curso.
Arrancamos por un futuro sostible!
domingo, 22 de setembro de 2024
Club Lectura Adultos
Anímate a formar parte do noso Club de Lectura para Adultos!
Se che gusta a lectura, se queres descubrir novos títulos, compartir opinións e debater sobre temas interesantes nun ambiente acolledor e relaxado, este é o lugar ideal para ti. Non importa se les moito ou pouco, se prefires novela, ensaio ou poesía. O que realmente conta é que veñas con ganas de gozar dun bo libro e dunha boa conversa.
As reunións celebraranse normalmente na biblioteca do centro, pero, de cando en vez, faremos unha excepción para atoparnos nun ambiente diferente: diante dun café, té e un aperitivo. Porque non hai nada mellor que combinar a lectura cun bo momento de relaxación e compañía. Ademais, é unha excelente oportunidade para que os pais e nais se integren máis na vida escolar e compartan momentos cos demais membros da comunidade educativa.
Non o penses máis! Anímate a vivir novas aventuras a través das páxinas dos libros. As prazas son limitadas, así que non tardes en anotarte.
Podes facelo a través do seguinte formulario.
https://forms.gle/M5rFD2nEfVrmnfno8
**Esperámoste na biblioteca... ou diante dun bo café!**
xoves, 22 de febreiro de 2024
Día de Rosalía de Castro
luns, 27 de novembro de 2023
luns, 16 de outubro de 2023
Día das Escritoras 2023
Celebramos o VIII edición do Día das escritoras lendo, como non podía ser douta forma, escritoras galegas como Ledicia Costas, Antía Yáñez, Andre Maceiras, Paula Carballeira, ...
FELIZ DÍA A TODAS
sábado, 30 de setembro de 2023
Clubes de lectura
Un ano mais, desde a biblioteca do centro póñense en funcionamento os diferentes
CLUBES DE LECTURA.
Como vén sendo habitual, ademáis dos clubes de lectura para o alumnado:
- Clube de Lectura para Terceiro Ciclo de Educación Primaria: OS BIOSBARDOS
- Clube de Lectura para ESO: A GAIOLA DOS PAXARAOS RAROS
Tamén hai un clube de lectura para adultos (CAFÉ E LIBROS), pensado para o persoal do centro, familias e exalumnos, pero tamén a calquera persoa allea ao colexio que queira disfrutar de horas de lectura compartida, de intercambio de pareceres e, porque non, dunha boa merenda de cando en vez.
Si estás interesada ou interesado simplemente cubre o seguinte formulario ou fainolo saber na secretaría do centro (necesitaremos o teu nome, mail e teléfono para poñernos en contacto para compartir as lecturas e as reunións)
FORMULARIO:
https://forms.gle/rekzkf2FsVHH6kTs7
Moitas grazas. Agardámoste
domingo, 2 de abril de 2023
Acompaña a LUVI- Vota
Moi ben!!!
Moitas grazas por participar.
Agora achégase o momento definitivo.
A LUVI gustáronlle todos e non se dá decidido.
Visita o seguinte enlace e axúdalle. Vota por teu preferido/a



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpg)

