Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de lectura. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de setembro de 2024

Club Lectura Adultos


 Anímate a formar parte do noso Club de Lectura para Adultos!

Na biblioteca escolar do noso centro, levamos xa varios anos compartindo paixóns, historias e moitas experiencias a través do noso Clube de Lectura para Adultos. Agora, queremos animar a máis familias a formar parte desta actividade tan enriquecedora.

Se che gusta a lectura, se queres descubrir novos títulos, compartir opinións e debater sobre temas interesantes nun ambiente acolledor e relaxado, este é o lugar ideal para ti. Non importa se les moito ou pouco, se prefires novela, ensaio ou poesía. O que realmente conta é que veñas con ganas de gozar dun bo libro e dunha boa conversa.

As reunións celebraranse normalmente na biblioteca do centro, pero, de cando en vez, faremos unha excepción para atoparnos nun ambiente diferente: diante dun café, té e un aperitivo. Porque non hai nada mellor que combinar a lectura cun bo momento de relaxación e compañía. Ademais, é unha excelente oportunidade para que os pais e nais se integren máis na vida escolar e compartan momentos cos demais membros da comunidade educativa.

Non o penses máis! Anímate a vivir novas aventuras a través das páxinas dos libros. As prazas son limitadas, así que non tardes en anotarte.

Podes facelo a través do seguinte formulario.

https://forms.gle/M5rFD2nEfVrmnfno8

**Esperámoste na biblioteca... ou diante dun bo café!**

Comparte:

sábado, 30 de setembro de 2023

Clubes de lectura

 

 

Un ano mais, desde a biblioteca do centro póñense en funcionamento os diferentes

CLUBES DE LECTURA.

Como vén sendo habitual, ademáis dos clubes de lectura para o alumnado:

- Clube de Lectura para Terceiro Ciclo de Educación Primaria: OS BIOSBARDOS

- Clube de Lectura para ESO: A GAIOLA DOS PAXARAOS RAROS

Tamén hai un clube de lectura para adultos (CAFÉ E LIBROS), pensado para o persoal do centro, familias e exalumnos, pero tamén a calquera persoa allea ao colexio que queira disfrutar de horas de lectura compartida, de intercambio de pareceres e, porque non, dunha boa merenda de cando en vez.

Si estás interesada ou interesado simplemente cubre o seguinte formulario ou fainolo saber na secretaría do centro (necesitaremos o teu nome, mail e teléfono para poñernos en contacto para compartir as lecturas e as reunións)


FORMULARIO:

https://forms.gle/rekzkf2FsVHH6kTs7


Moitas grazas. Agardámoste

Comparte: