Aquí unha guía do funcionamento da biblioteca
luns, 26 de outubro de 2026
Benvidos a A Luviteca
Publicado ás 14:42
Un novo curso un novo comezo. Esta vez con moitos cambios. Aquí tedes un vídeo de presentación:
Para os máis peques:
Para os máis maiores:
luns, 5 de outubro de 2026
Club de Lectua 2026/2027
Publicado ás 13:39
O Club de Lectura para Adultos da biblioteca do centro xa
está en marcha e queremos convidarvos a formar parte del.
É un espazo para descubrir novos libros, compartir opinións e
gozar da lectura en boa compañía.
Non é necesario ser un gran
lector: abonda con ter curiosidade e ganas de participar.
Ademais, o voso exemplo é a mellor maneira de transmitirlles
aos vosos fillos e fillas que ler tamén é compartir.
Animádevos a anotarvos! Agardámosvos coas páxinas
abertas..
Aquí queda un enlace para que te poidas inscribir.

