venres, 16 de abril de 2021

Semana do Libro 2021

Este ano propoñémosvos, a maiores das actividades realizadas na escola, tres actividades diferentes para participar desde a casa:

1- Facer un bookface

2- Disfrazarse ou caracterizarse dun personaxe do voso libro favorito

3- Representar a portada dun libro.

Despois retratádesvos e eviádesnos a imaxe a través do seguinte formulario:

https://forms.gle/jGzjbQdCSnYVJFef9

Seguro que vos resulta entretido e divertido.

Ánimo!

Segue a actividade en https://luisvivesourense.com/actividad/semana-do-libro/

                                                                                          

Desde a Casa da Cultura de Barbadás preséntannos a seguinte actividade:

DÍA DO LIBRO / 23 de Abril
  • A Concellaría de Cultura celebra este día cun OBRADOIRO para os nen@s de 5 a 7 anos, que se vai desarrollar na Biblioteca Municipal o propio venres 23 de Abril ás 18h.
– Investiga con nós: “A cadeira”.
– Improvisa con nós: “Caixa sorpresa”.
– “Recollida de froitos da árbore literaria.”
  • Para inscribirse neste evento debes mandar un correo electrónico a: biblioteca@barbadas.es e reservar praza.
    Mándanos o nome do nen@, idade e teléfono de contacto.
  • Cada sesión adaptarase os protocolos e medidas de seguridade da COVID
PRAZAS LIMITADAS.

 

Comparte: