venres, 23 de abril de 2021

GÚSTANOS LER

 Na Semana do Libro comezamos as mañás lendo. 

A lectura encheu as aulas de primaria e secundaria .Cada un tiñamos nas nosas mans un libro por decubrir. 

 Os nenos-as de infantil recibiron unhas cartas para que ao longo da semana as súas mestras lle lesen contos en distintos espazos do cole.

Encantounos esta semana na que fixemos unha chea de actividades para celebrar o DÍA DO LIBRO.

NO LUIS VIVES, GÚSTANOS LER! 










Comparte: