martes, 10 de novembro de 2020
luns, 9 de novembro de 2020
xoves, 5 de novembro de 2020
BOLSAS VIAXEIRAS
Publicado ás 18:39

ESTADES PREPARADOS-AS PARA RECIBILOS?
ESTE CURSO OS LIBROS VIAXARÁN ÁS AULAS.XA TEMOS PREPARADAS AS BOLSAS VIAXEIRAS DA LUVITECA. CHEGARÁN ÁS CLASES EN POUCOS DÍAS . HAI LIBROS MARABILLOSOS DENTRO DESTAS BOLSAS....venres, 30 de outubro de 2020
100 anos NÓS
Publicado ás 10:00

Unha pequena lembranza, polo seu aniversario, a ese grupo de literatos que tanto fixeron pola Cultura e a Lingua Galega.
O 30 de outubro de 1920 saliu a luz o primeiro nñumero dunha publicación que congregou a toda una serie de eruditos que buscaron levar a idea de Galicia a outro nivel: unha identidade propia, un rexistro culto e unha conexíon coas correntes que representaban a modernidade científica, artística e literaria máis alá das fronteiras estatais.
sábado, 24 de outubro de 2020
Día das Bibliotecas Escolares
Publicado ás 10:00

martes, 30 de xuño de 2020
Publicado ás 22:08

BO VERÁN!
Hoxe, 30 de xuño, remata este curso escolar un pouco atípico.
Voltaremos en setembro coas pilas cargadas, con moitas ganas de pasar con vós moitos momentos agradables coma os vividos ata agora e con moitas novidades lectoras.
Dende o equipo da Luviteca, desexámosvos que pasedes un bo verán. Un agarimoso saúdo.
venres, 17 de abril de 2020
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO
Publicado ás 21:38

Velaquí o resultado dos vosos traballos. Noraboa a todos e todas
Extra! extra! Luvi quere presentarvos a alguén moi especial, un apaixonado deses obxetos con follas marabillosos e fermosos que nos transportan a lugares inimaxinables, fantásticos... os libros! Un home que era un verdadeiro xenio contando historias, un auténtico aliado dos nenos e nenas, defensor do xogo como método para ensinar e aprender... Un inspirador para todo aquel que queira abrir a porta á fantasía, á imaxinación... Un iluminador para pequenos, e non tan pequenos, pois a través do humor, da risa e do inxenio axita as neuronas e pon as cabezas en modo “ON” … Chámase GIANNI RODARI (1920-1980), e foi un escritor, maestro e pedagogo italiano. Como este ano está de aniversario, cumpliría 100 anos!!!, Luvi pensa que é unha ocasión ideal para que o coñezades! E que mellor momento para facelo, que esta semana, na que o vindeiro 23 de abril conmemoraremos o Día oficial do Libro. Transmitímosvos a súa idea.
Como Gianni usaba moitas técnicas lúdicas co obxetivo de que os nenos melloraran a súa creatividade e imaxinación, e non só a súa atención e memoria, Luvi propón experimentar coas seguintes:
Técnica 1: “QUE PASARÍA SE…”
Atreveríaste a encender a túa bombilla creativa? Se é así, a partir desta pregunta fía a túa historia e redáctaa, fai un comic, grávaa… e failla chegar a Luvi!
Técnica 2: “BINOMIO FANTÁSTICO”.
Aquí debes partir de dúas palabras "palabra escollida 1" e palabra escollida 2", as que ti elixas, terás que encender o teu motor da imaxinación, coller lapis e papel… e crear o teu conto! Ti eres o escritor/a, o director/a da obra.. ti mandas! Podes axudarte dun ordenador, cámara de vídeo, móbil… Comparte con Luvi o resultado!
Todo o alumnado do centro pode participar nestas propostas. Hai un límite de extensión, 2 minutos ou dúas carillas, aproximadamente. Podedes usar o idioma que queirades.
Para enviar as vosas creacións tendes que mandar un correo electrónico ao seguinte enlace: biblioteca@luisvivesourense.com. No asunto debedes por o número do concurso no que participades: 1 (primeiro concurso), 2 (segundo concurso) ou 12 (ambos concursos). Non vos esquezades de escribir o voso nome completo e o curso ao que pertencedes. Tendes ata o xoves 30 deste mes.
Para enviar as vosas creacións tendes que mandar un correo electrónico ao seguinte enlace: biblioteca@luisvivesourense.com. No asunto debedes por o número do concurso no que participades: 1 (primeiro concurso), 2 (segundo concurso) ou 12 (ambos concursos). Non vos esquezades de escribir o voso nome completo e o curso ao que pertencedes. Tendes ata o xoves 30 deste mes.
Despertade o voso “xenio literario” interior e animádevos a participar!