domingo, 7 de novembro de 2021

Doa un Libro - Mes solidario

 

Desde A Luviteca impulsamos unha nova actividade

Chamarémoslle o MES SOLIDARIO.

Nesta actividade solidarizarémonos coa xente de La Palma que tanto están sufrindo coa actividade volcánica.

Esta actividade consistirá en DOAR UN LIBRO (ou os que queiras) a algún centro desta illa.

Será da seguinte maneira:
 
1º- O doador gravará un VIDEO (máximo 2 minutos) ENFOCANDO A PORTADA DO LIBRO que vai doar ao mesmo tempo irá contando por que recomenda ese libro (o alumno/a non sae).
 
2º- O audio deberá ser EN CASTELÁN.
 
3º- Enviar este video gravado a través do seguinte formulario: https://forms.gle/3zctFEaEoESPveG46
 
4º- Entregarás un papel cunha dedicatoria xunto co libro, que será revisada antes de que o escribas no libro.

PRAZO DE ENTREGA (de formularios e libros doados): ata o día  8 de decembro. Os libros entregaranse na biblioteca.

Animádevos!! é unha actividade moi sinxela e que pode facer felicies a moitas persoas desa illa.
Comparte: