martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro

Por fin chegou o esperado Día do Libro. Día de celebracións e punto de partida de moitas actividades.

Un ano máis achegámonos, disfrazados ou non, á Rúa do Paseo para repartir caraveis e marcapáxinas aos viandantes que nos atopábamos.

Nas termas das burgas deixamos unha caixa con libros, dentro da actividade á que chamamos "Bibliotermas", para que os usuarios deste espazo de relaxación poidan tamén disfrutar da lectura.

Comparte: