venres, 31 de marzo de 2023

Bookface





 

Para este mes de abril, desde A Luviteca, propoñemos unha nova actividade.
 
Un BOOKFACE.
 
Escolle unha portada que che guste e fain parte de ti.
Esperamos que esta actividade sexa do teu agrado e teña, polo menos, o mesmo éxito que tivo a última vez.
Para participar podes enviar un correo á biblioteca (biblioteca@luisvivesourense.com) co asunto "BOOKEFACE" e no correo, ademáis de adxuntar o arquivo en formato de imaxe, poñer o teu nome, apelidos e curso.
Tamén podes envialas a través do seguinte formulario https://forms.gle/KyF8p5CCtwijoK4G6
Esta actividade reamatará o 12 de maio pero non esperes ao final.
Podes enviar todas as imaxes que queiras.
Anímate a participar!
 
Velaquí o resultado nesta web e nesta carpeta
Comparte: