mércores, 1 de marzo de 2023

Acompaña a LUVI

 


Coñeces a LUVI, verdade?
A nosa mascota de biblioteca, claro!
Pois ben, o equipo da bilioteca quere animarte a participar nesta actividade que titulamos "Acompaña a LUVI". Consiste en crear/buscar un compañeiro ou compañeira para LUVI.
A idea é que penses nun deseño, en como sería, como che gustaría que fose e despois poder elaboralo no colexio en 3D, para eso debes entregarlle ao titor/a o deseño para que che axude a facelo para despois entregarllo ao equipo de biblioteca.
Claro que tamén o podes facer tu na casa a túa maneira, faltaría máis, neste caso entrégallo tamén ao titor/a que llo fará chegar ao equipo de biblioteca.
Dalle renda solta a túa imaxinación.
Para facelo en 3D poderase facer en gomaeva, fieltro, papelmaché, plastilina, con impresoa 3D, etc. Cunha altura aproximada de entre 20 e 50 cm.
Esta actividade remata o 31 de marzo. Nesa data escollerase un proxecto entre todos as presentados e realizados.
Anímate!

Comparte: