SAMAÍN
Meigas, monstros, pallasos, demos, fantasmas, seres terroríficos de diferentes tipos e películas... Todas estas criaturas anxelicais estaban onte na terceira planta do noso colexio. Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria decidiron facer un Túnel do Terror para que todos os seus compañeiros e compañeiras do centro puidesen pasar un momento agradable neste día tan especial. E por se isto fora pouco, tamén fixeron unha recreación de escenas de "Halloween" na biblioteca.  Moi bo traballo rapaces! 
FELIZ SAMAÍN
 

 
 

